8.7 C
Santa Comba
sábado, abril 27, 2024

“Foi moi emotivo ter ó alcalde e ós Santa Combers en Lyss”

Polbo, música tradicional e emotividade. Podería resumirse así o acontecido a pasada fin de semana no Centro Español de Lyss.

Un dos xerentes do centro, Javier Martínez “Javito” describiu en Radio Xallas a experiencia: “Foi moi emotivo escoitar ós Santa Combers en Lyss. E ter ao alcalde, que a xente xa quería que quedara aquí”.

“Querían que o alcalde quedara aquí”

Foi unha marabillosa conxunción de circunstancias.

Martínez confesa que xunto con Javier Ferreiro, xa tiña gañas de levar ós Santa Combers a Suíza. E despois “o pulpeiro Lolo meteunos na cabeza que quería vir a facer o pulpo aquí. E tamén queríamos darlle a benvida a Alberto Romar e agradecer todo o que está facendo por Santa Comba. E entón viñeron todos no mesmo pack”, comentou Javito.

“Seguimos as noticias por Adiante Galicia”

Confesa que seguen a actualidade por internet: “Seguimos as noticias de Santa Comba grazas a Adiante Galicia”. Están moi felices. O alcalde agasallounos con un escudo de Santa Comba.

E todo saíu moi ben:” Nos esperabamos tanta afluencia de xente”. Agardan repetir. Agora xe están pensando en organizar un campionato de tute e tamén unha desta con filloas e chicharróns.

Actividade no Centro Español de Lyss

Teñen varias ideas para seguir dinamizando o Centro Español de Lyss, xa que “ o centro estaba un pouco decaído e agora a xente vai respondendo moi ben os eventos que se fan”.

Veciños de Camariñas, Santa Comba, Zas ou Vimianzo participan na vida social do centro. E tamén degustan a oferta gastronómica cos callos, xamón asado, peixes, ou a carne á pedra que “está sendo un éxito”.

Na “Festa do Pulpo”, aparte dos cefalópodos e a música, tamén houbo orella e carne ao caldeiro.

Escoita a entrevista en Radio Xallas desde o minuto 64

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos