O BNG de Santa Comba expresou o seu apoio ás peticións da ANPA “A Tarandeira” que solicitou ao concello de Santa Comba unha solución “ á falta dunha calefacción adecuada nas escolas rurais do Busto e San Cristovo”.
Desde o BNG piden unha intervención con “carácter urxente” xa que “é condición necesaria para que profesorado e alumnado teñan condicións acaídas para o desenvolvemento da actividade educativa”.
Apoio ás petición da ANPA A Tarandeira
Recalcan o “papel fundamental” que xogan as escolas rurais na fixación de poboación e no caso concreto dos centros de O Busto e San Cristovo denuncian que “ veñen sufrindo un déficit de calefacción, especialmente notorio neste inverno, que dificulta o normal desenvolvemento da actividade escolar”.
O grupo nacionalista opina que a solución “pode vir directamente do propio Concello, ou, se non fose o caso, o Concello debería prestarlles o seu apoio incondicional para conseguila da Consellería de Educación” e dar resposta ás peticións da ANPA do C.R.A. A Tarandeira.
“Os concellos deben ser os primeiros interesados en conservar e apoiar as escolas rurais e , por tanto, os primeiros comprometidos en que teñan as mellores condicións materiais para o desenvolvemento da súa actividade educativa” engaden.
FOTO- ESCOLA DO BUSTO- XUNTA