9.3 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

Festa das Cereixas de Paiosaco 2022

A celebración gastronómica de maior relevancia e tradición do Concello da Laracha, a Festa das Cereixas de Paiosaco, celebrarase na fin de semana do 2 e 3 de xullo. O Concello da Laracha –co alcalde, José Manuel López Varela, e os concelleiros Patricia Bello e Ramiro Bello- e a Comisión de Festas de Paiosaco presentaron o programa nun acto celebrado no campo da feira.


O sábado 2 de xullo a festa comezará co VII Aberto das Cereixas de billarda que organiza o Club Billarda Campo da Feira. Pola noite haberá verbena amenizada polo Grupo Studio e os DJ’s Cotton & Yuni.


Xa o domingo, no propio día da Feira das Cereixas -Festa declarada de Interese Turístico de Galicia-, desde o mediodía a escola de samba Malandros amenizará a xornada de feira.
A partir das 19:00 horas a Asociación Cultural Queiroga de Paiosaco ofrecerá un espectáculo de música e baile tradicionais galegos.

Guadi Galego na Festa das Cereixas


Pola noite, a partir das 22:00 horas, porase o broche de ouro á Feira das Cereixas co concerto de Guadi Galego. A que fora vocalista, pianista e gaiteira de Berrogüeto iniciou en 2009 unha destacada carreira en solitario que a levou a ser unha das artistas máis relevantes da escena galega actual. En Paiosaco cantará os temas do seu último disco, Costuras.Na organización deste programa contouse coa colaboración da Deputación da Coruña.

Festas das Cereixas Paiosaco 2022

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos