7.2 C
Santa Comba
viernes, abril 26, 2024

Indulxencias do Viacrucis na capela de Nosa Señora do Bo Suceso

Manuel Canosa Trillo

Innumerables foron as indulxencias que se concederon baixo a devoción das estacións do Viacrucis. A maior parte delas atópanse en paradoiro descoñecido polo que resulta complicado precisar o número exacto de indulxencias outorgadas a tal devoción.


Para atopar as primeiras referencias históricas relacionadas con estas indulxencias debemos remontarnos a Idade Media (séculos XIII-XIV). Descoñécese con exactitude onde xurdiron e cando se comezou a conceder tales indulxencias, pero probablemente foron os franciscanos os primeiros, xa que a eles recoñeceulle xuridicamente Clemente VI, a través de bula pontifical en 1342, a custodia da Terra Santa.

Tales favores papais foron incrementando co devir dos anos, de maneira que Inocencio XI, no ano 1686, concede o dereito aos franciscanos para erixir estacións nas súas igrexas, declarando tamén que todas as indulxencias anteriores obtidas por visitar devotamente os lugares da paixón do señor en Terra Santa podíanas gañar en diante os franciscanos facendo as estacións da cruz nas súas propias igrexas segundo a forma acostumbrada. Este mesmo privilexio sería confirmado anos máis tarde, en 1694, por Inocencio XII.

O favor máis importante chegaría no ano 1731, baixo o pontificado de Clemente XII, onde estende aínda máis os favores dos seus antecesores no trono de San Pedro, permitindo as indulxencias en todas as igrexas sempre que as estacións fosen erixidas por un pai franciscano coa sanción do bispo.

Por sorte, no que a Fisterra incumbe, aínda se conserva unha acta do 24 de marzo de 1870 no “libro nuebo de fábrica de Santa María de la villa de Finisterre” da visita do franciscano frei Bernardo Díaz concedendo indulxencias baixo a devoción das catorce estaciones na capela de Nosa Señora do Bo Suceso aos que practiquen tan santo exercicio.

Fray Bernardo Díaz Religioso franciscano y misionero apostólico, legitimamente autorizado por los prelados dela Orden, con la licencia del Ilmo. Sr. Cardenal Arzobispo de Santiago, y a solicitud del Sr. D. Benito Barrientos encargado de la parroquia de Sta. Maria de Finisterre, certifico, que fue erigido en la capilla llamada del Buen Suceso las catorce estaciones del viacrucis. Y declaro que quedan establecidas segun el orden acostumbrado en la Religión franciscana. Por tanto, las personas que las visiten, segun costumbre, meditando la pasión de N. S. Jesucristo, podran ganarse las indulgencias concedidas por la sede apostólica alos que practicasen tan santo ejercicio.

Finisterre, Marzo 24 de 1870
Transcrición literal por Manuel Canosa Trillo. Libro nuebo de fábrica de Santa María de la villa de Finisterre, 87r.

Firma Frai Bernardo Díaz. Arquivo Manuel Canosa Trillo.

Lamentablemente durante o pontificado de Pablo VI, en 1967, houbo unha revisión e actualización da práctica das indulxencias na igrexa católica para determinar con precisión cantas indulxencias Viacrucis existían e cales eran válidas, pero non se revogaron por completo as indulxencias do Viacrucis xa existentes. En lugar diso, a iglesia revisou e clarificou as condicións baixo as cales se outorgaban as indulxencias e a forma en que se comprendían.


As indulxencias son parte da doutrina católica e foron obxecto de atención e regulación ao longo da historia da igrexa. As revisións son motivadas polo desexo de asegurar unha práctica máis coherente e unha comprensión máis profunda das indulxencias no contexto da fe católica.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos