16.4 C
Santa Comba
viernes, marzo 22, 2024

«Muxía, un municipio de sensasións»

 ‘Muxía, un municipio de sesasións’ é a campaña coa que o Concello de Muxía levará a súa cultura, tradicións e as atractivas características da súa fala á edición deste ano de FITUR. 

Esta novidosa iniciativa centrarase nun código QR, a través do cal o público poderá escoitar diversos sons que evocan o sentir do municipio. Deste xeito, poderase escoitar o latexo producido desde fai moitos anos pola Pedra de Abalar cando os romeiros a abalaban, así como gozar dos sons da danza de espadas típica de Quintáns ou sentir a emoción co ‘Viva a virxe da Barca’ do domingo da Barca, entre outros.

A partir das 15:00 horas deste xoves 20 de xaneiro será a quenda para que Muxía, a través do seu alcalde Iago Toba, poña en escena esta orixinal iniciativa que espera levar a cultura e o sentimento muxián ao redor do mundo.

O alcalde, Iago Toba, puxo en valor que “a través desta proposta a xente poderá escoitar desde o son das ondas batendo contra as pedras das nosas costas, a danza de espadas de Quintáns ou marabillosa melodía das Abaladeiras, sons que sen dúbida son un fiel reflexo do que somos, xente de mar e con moito corazón e sentimento”.

“Muxía, un municipio de sensasións é unha mostra do que somos, das nosas raíces, da nosa cultura e das atractivas características da nosa fala que nos fan persoas únicas”, destacou Toba.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos