O concello de Coristanco celebrará o pleno extraordinario solicitado por Terra Galega, BNG e AVLC o vindeiro venres 28 de xaneiro ás 13:30h. Nesta crónica xa explicamos o contido do mesmo.
Estes grupos da oposición piden a protección da Lagoa de Alcaián e da Braña Rubia, presentar un recurso contra as autorizacións concedidas ao proxecto «Campelo» e acordar alegacións contra outros proxectos eólicos que se poidan presentar en Coristanco.