19.7 C
Santa Comba
viernes, julio 1, 2022

O CEIP Barrié de la Maza promove o proxecto “Arrólame paseniño, arrólame un pouquiño”

– Xosé Manuel Lema-

Aquelas cantigas fermosas das nosas avoas ou nais. Un tesouro que recibimos e en moitos casos non se transmite. Recuperar arrolos e cantos de berce da nosa cultura e tamén doutras e o obxectivo do proxecto “Arrólame paseniño, arrólame un pouquiño”, que impulsan no CEIP Barrié de la Maza de Santa Comba.

Unha iniciativa dentro do programa de innovación educativa en dinamización lingüística da Consellería de Educación, que foi presentada na sintonía de Radio Xallas, pola directora do centro, Dolores Nieto, a profesora de música Olaia Novo, e dúas traballadoras, Esther García e Graciela Gomes, que incluso cantaron pezas que escoitaran na súa infancia en Freixeiro-Santa Comba e na Illa de Madeira, respectivamente.

“Estamos preparando un proxecto de recollida de arrolos e  cantos de berce da contorna e na comunidade” explicou Dolores Nieto, destacando a intención “intercultural” da actividade xa que no colexio hai alumnos e persoas “doutros lugares do mundo que queremos facer partícipes”.

Nesa mesma liña expresouse a coordinadora Olaia Novo:”É un proxecto de recuperación do patrimonio inmaterial de toda a Terra do Xallas e da comunidade escolar. Unha homenaxe á tradición oral”.

Escoita a entrevista desde o minuto 62

Recuperar a tradición, valorar o papel da muller e afondar na multiculturalidade:”Non e só poñer en valor a lingua e a música tradicional galega se non tamén dunha maneira inclusiva a toda a xente que convive nesta comunidade” sinalou Novo.

“Arrólame paseniño, arrólame un pouquiño” está en fase de lanzamento, co plan de comunicación, iniciado cun “clipping de audio” con cantos de berce que recollera o musicólogo Alan Lomax, pero tamén con contribucións de Xabier Díaz ou as Tanxugueiras, que visitaron recentemente o colexio.

Quixeron ver como reaccionada a comunidade escolar. Recolleron mostras de ilusión, e fixeron unha enquisa inicial. Agora toca desenvolver o proxecto, coa recolleita, obradoiros e a elaboración dun mapa interactivo.

Os primeiros pasos xa teñen unha carga sentimental e cultural fascinante. E seguro que o mellor aínda está por vir. Aquí estaremos para contalo.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí

Concello de Val do Dubra
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,776SeguidoresSeguir
459SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos