11.6 C
Santa Comba
viernes, marzo 31, 2023

Veciños de Freixeiro preparan alegacións contra o proxecto eólico “Monte de Portochán”

O local veciñal da parroquia de Freixeiro, no concello de Santa Comba, acolleu unha charla informativa sobre o proxecto eólico Monte de Portochán, que ten prevista a instalación de once aeroxeradores cunha potencia total de 66 mw, nos concellos da Baña, Santa Comba e Val do Dubra.

O acto, promovido por Xosé Manuel Vila, contou coa presenza de representantes da asociación “Fonte Seca” e da plataforma de “Bustelo-Campelo- Monte Toural”.

Medio cento de persoas asistiron ao encontro, no que se decidiu presentar alegacións ao proxecto eólico e solicitar unha xuntanza coa alcaldesa de Santa Comba, para pedir o apoio do goberno local.

Desde a asociación “Fonte Seca” informaron sobre os efectos dos proxectos eólicos e aconsellaron aos veciños presentar alegacións masivas e optar pola mobilización. Estase a preparar unha manifestación no concello de Santa Comba, relacionado coa problemática eólica.

NOTICIA RELACIONADA 

Tres nuevos proyectos eólicos a exposición en Santa Comba, A Baña y Val do Dubra

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,840SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos