O candidato á secretaría xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, utilizou o “minuto de ouro” do debate, para propoñer “un proceso de unificación” no seo do partido “onde ningún compañeiro sobre por pensar de forma distinta”.
Pensa que os socialistas teñen que “mandar unha mensaxe positiva a Galicia”, onde se apostou “xenerosamente” por uns bos resultados nas eleccións municipais, xerais e europeas pero non así nas autonómicas, onde o seu rival, Gonzalo Caballero , foi o candidato.
“Somos capaces de gañar as eleccións autonómicas”
“Necesitamos un PSdeG máis forte que se identifique con Galicia”, que actúe “sen resignación”. Considera que “somos capaces de gañar as eleccións autonómicas”.
Valentín González Formoso apelou a “activar” o “coñecemento e e ilusión entre todos” os socialistas, reivindicando a esta forza como a que “entende, escoita e atende a Galicia”.