14.5 C
Santa Comba
miércoles, junio 29, 2022

“A causa da intoxicación foi que non había cloro na depuradora. O alcalde ten que presentar a dimisión”

A portavoz do Partido Popular de Muxía, Sandra Vilela, afirmou no programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas que “a causa da intoxicación é que non había cloro na depuradora e no propio circuito. Non é unha cuestión accidental. Non había cloro porque non se foi a poñer”.

Vilela pediu a dimisión do alcalde Iago Toba ao que acusou de mentir ós veciños. Dimitir por “incapacidade se non sabía que non estaban facendo as revisións” ou dimitir se por “irresponsable e neglixente” se o sabía” e ocultou a información.

Mentir aos veciños de Muxía

“Estamos falando de saúde pública e de 200 muxiáns afectados e o que pasou é que non se estaba facendo o traballo. O responsable é o alcalde”, manifestou Vilela que sinalou a Iago Toba:“Este señor é capaz de mentir a tódolos veciños de Muxía para salvar os seus pratos”.

Escoita as declaracións completas de Sandra Vilela, desde o minuto 65 deste audio.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí

Concello de Val do Dubra
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,776SeguidoresSeguir
459SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos