2.9 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

Rubén Lorenzo traslada ao Parlamento a petición para a crear un Centro Integral de Saúde en Carballo

O deputado popular asegura que “a negativa no último Pleno do BNG e do Goberno local a apoiar a mellora da atención sanitaria que reciben os veciños non nos vai frear no noso obxectivo para que Carballo conte cun renovado e ampliado Centro Integral de Saúde”.

O deputado do Grupo Popular Rubén Lorenzo presentou unha proposición non de lei no Parlamento de Galicia a través da que solicita á Consellería de Sanidade que, dentro do seu futuro Plan de Infraestruturas de Atención Primaria, inclúa a remodelación integral e ampliación do actual centro de saúde de Carballo, co obxectivo de acoller nel un Centro Integral de Saúde que dea servizo a toda a comarca de Bergantiños. “A negativa no último Pleno municipal do BNG e do Goberno de Carballo a apoiar a mellora da atención sanitaria que reciben os veciños desta comarca non nos vai frear no noso obxectivo de que Carballo conte cun renovado e ampliado centro de saúde”, sinalou.

Rubén Lorenzo salientou que “a mellora dos servizos sanitarios que se prestan aos veciños de Carballo é unha das nosas maiores preocupacións, para o que consideramos imprescindible a creación dun novo Centro Integral de Saúde no que se integren as consultas de atención primaria que se prestan actualmente no noso concello, o punto de atención continuada e a presenza de determinadas consultas especializadas”. 

CUMPRE COS REQUISITOS

“Deste xeito, avogamos porque a Consellería de Sanidade leve adiante as obras necesarias de ampliación e reforma integral do actual centro de saúde de Carballo para potenciar a súa capacidade de atención sanitaria e dar cabida á incorporación dun maior número de servizos e pacientes”, manifestou.

O deputado popular lembra que a comarca de Bergantiños “cumpre cos requisitos para contar cun Centro Integral de Saúde, xa que estamos a falar dunha comarca con máis de 60.000 habitantes e cuxa capital está a unha distancia de arredor de media hora en coche do hospital de referencia”. 

Nota de prensa do Partido Popular de Galicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos