Un pleno máis no concello de Ponteceso onde se demostra a falta de entendemento entre un goberno de 3 membros e unha oposición de 10.
Entrevista a Pose Verdes desde o minuto 60
“Non temos a culpa desta situación. Estabamos na oposición para controlar ao alcalde coa súa maioría absoluta pero cambiou a situación” reflexionou en Radio Xallas, José Manuel Pose Verdes.
O portavoz de APIN pensa que o grande obstáculo é o propio alcalde, Lois García Carballido, pola súa “falta de humildade” e de diálogo:”Non acepta ningunha proposta“.
Malgasto e despilfarro
Segundo Pose, o mandatario “segue no seu mundo, non lle preocupa Ponteceso só quere ser alcalde como sexa. Pero o concello vai mal.Está volvendo a mesma dinamica de fai seis anos de malgasto e despilfarro”.
Lamenta que non se aprobara o Plan Adicional:”En dous meses non tentou buscar ningunha solución, só impoñer” e alerta que “nun par de meses volve o Plan de Obras”.
Tamén criticou que o alcalde non convoque os plenos solicitados pola oposición.