VÍDEO
O Concello de Muxía inaugurou onte de xeito virtual o novo Miultiusos da Camposa, un edificio “existente pero falto de vida” e ao que se lle dotou “de novos espazos para unha renovación total”, alude o alcalde, Iago Toba.
Debido á situación sanitaria, avogouse pola publicación no Facebook municipal para que a veciñanza, sin ningún risco, puidese contemplar o resultado final. Adicarase un primeiro espazo ao novo museo ‘Voluntarios do Prestige’, así como a propia Sala da Camposa, remodelada por completo.
Os elementos culturais son protagonistas, con fotos e unha nova pantalla cun innovador sistema de audio multimedia na que se proxectarán vídeos acordes ás exposicións itinerantes que albergue este lugar.
Nas columnas poden lerse palabras como historia, arte e tradición, os piares sobre os que se fundamenta a nova construción. O alcalde, Iago Toba, na locución do vídeo, sinalaba que “hoxe presentamos a remodelación deste edificio, que levará un nome con bastante carga emocional e sentimental, que é o Edificio Multiusos da Camposa”.
Continuaba remarcando que “rememorará agora a antiga praza da Camposa, esa antiga praza de Muxía e que tiña tanta vida. Queremos que desfrutedes deste lugar, de cada rincón, porque en todas as partes vai haber algo para facer, e quero con este vídeo presentarvos o que, a partir dagora, vai ser voso”, finalizaba o rexedor.
Nota de prensa- Concello de Muxía