5.4 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

O CRA de Santa Comba-Coristanco agrupa a oito escolas rurais

Visita da Conselleira de Educación e do Conselleiro do Medio Rural a Santa Comba e A Baña.

A conselleira de Educación, Carmen Pomar, e o conselleiro de Medio Rural, José González, visitaron a escola unitaria de San Cristovo, nunha xornada na que escenificaron a fusión das escolas de San Cristovo, Boaña e O Busto, do C.R.A. De Santa Comba, de Feiranova, Oca, Rabadeira e Xaviña, do C.R.A Novo Mencer de Coristanco,e da escola infantil de Lañas(A Baña) no C.R.A. Santa Comba-Coristanco. En total acollen a oitenta meniños.

Estiveron acompañados pola alcaldesa en funcións de Santa Comba, María Pose, o da Baña, Andrés García Cardeso, e a alcaldesa substituta de Coristanco, Clarisa Couto.

Unir sinerxias entre escolas rurais

Carmen Pomar quixo “poñer en valor o que é unha escola rural típica de Galicia” e destacou que a fusión serve para “unir sinerxias e proxectos que están dentro dunha mesma liña pedagóxica”. Asimesmo afirmou que este tipo de iniciativas consiguen “dar un pulo para que as escolas rurais sigan visibilizándose cara a sociedade galega”.

Pola súa banda, José González, expresou a súa “especial satisfacción” e incidiu en que “estes rapaces son o futuro do noso rural”. Posteriormente desprazáronse a escola infantil de Lanas, onde mantiveron un encontro cos representantes do resto dos CRA de Galicia.

Segundo a consellería de Educación en Galicia existen un total de 27 CRA (incluído o resultante desta fusión) que aglutinan a preto de 2.200 alumnos, aos que hai que engadir unhas 88 Escolas Unitarias que suman uns 1.000 alumnos máis.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos