14.9 C
Santa Comba
lunes, octubre 7, 2024

O BNG promete traballar e lamenta “o fortalecemento do PP grazas a un PSOE de Santa Comba en descomposición”

Valoración do BNG de Santa Comba con respecto ás eleccións do 26M.

Valoración dos resultados do 26M.

O BNG de Santa Comba califica os resultados electorais propios nas eleccións de Santa Comba como malos. Analisando máis polo miúdo, destacaríamos como factores determinantes os seguintes :

-A ausencia de traballo social previo, como causa principal do escaso 3% de apoios recibidos.

-A presentación de un novo candidato, q malia estar sobradamente preparado para encabezar a lista, acusou o descoñecemento que da súa persona tiñan os cidadáns do concello. Esto vai íntimamente ligado ao factor primeiramente destacado.

-A polarización da cita electoral por parte de PP-PSOE nun clima de guerra aberta, na que non soubemos posicionarnos como alternativa.

-A irrupción dun novo partido, que con esquemas similares aos do PP, arrastrou ao voto descontento, e que non fomos quen de enmarcar como sucedáneo doutras alternativas das que en citas previas quedou probada a súa futilidade, ao igual que a súa falla de palabra para cos xalleiros.
Perante os resultados xerais debemos lamentar o fortalecemento do PP grazas a un PSOE de Santa Comba en descomposición, debido a perda de credibilidade e apoios de Ucha, aínda cando María Pose carece de todo carisma para exercer liderazgo de ningún tipo. Esto foi rendibilizado por CxSC, para amosarse como alternativa aínda cando non é tal.

Debemos ter en conta tamén que esta análise é provisional, pendente das resolucións definitivas, que probablemente non dean estabilidade á gobernabilidade do concello, e que veremos en qué remata, tanto na investidura como ao longo da lexislatura.

Como lectura positiva debemos destacar a fidelidade dunha base de apoios constantes ao ideario nacionalista e de esquerdas que representa o BNG e incluso o lixeiro aumento de votos, froito dunha traballada campaña, e sobor de todo o achegamento de novos simpatizantes que veñen a afortalar a Asemblea Local do BNG, acadando incluso novos militantes na organización. 

Esto debe servirnos e este  será o propósito, para traballar con regular constancia, aínda fóra do salón de plenos, durante os vindeiros anos coma unha oposición real, defensora da cidadanía de Santa Comba. Así acadaremos a necesária visibilidade da organización para afrontar a vindeira cita electoral coma alternativa verdadeira e honesta fronte á parálise que pola ineficacia e mal facer dos sucesivos gobernos, envolve este concello.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos