10 C
Santa Comba
miércoles, mayo 15, 2024

En Marea entende que o expediente á secretaria de Coristanco é unha decisión política

Aseguran que detrás da decisión hai un intento de continuar coas “políticas clientelares”

En Marea mostra o seu “total apoio” á secretaria do concello de Coristanco logo de coñecerse a través do xornal Diario de Bergantiños a apertura dun expediente sancionador por parte do alcalde, Abraham Gerpe.

“Esta decisión non se toma como consecuencia do seu rendemento laboral, senón que se trata dunha decisión política coa que se pretende apartar á secretaria do seu cargo, xa que a súa presenza supón un atranco para poder levar a cabo as políticas clientelares que desexa practicar Abraham Gerpe e o seu goberno” asegura o voceiro local Juan Carlos Abelenda.

En Marea expón varias preguntas

Desde En Marea pregúntase se existe a posibilidade de que “se trate dunha vinganza de Antonio Pensado”, actual tenente de alcalde, e cales son “os intereses que se ocultan” detrás desta decisión. 

E rematan o comunicado con outra pregunta.Cabe a posibilidade de que esta decisión forme parte dunha serie de movementos que pretenden apartar á actual secretaria do seu posto e colocar a unha persoa afín ao seu xeito de proceder? 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,240SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos