17.8 C
Santa Comba
sábado, octubre 5, 2024

Os veciños de Froxán piden apoio para conseguir un premio europeo de conservación da natureza

Pódese votar ata este venres ás 12,00 por internet. Non é preciso rexistrarse.

O monte comunal de Froxán(Lousame) conta con serias posibilidades de gañar o  European Outdoor Conservation Association (EOCA). De feito a súa proposta está empatada con outra candidatura. Había 150 iniciativas preseleccionadas, das cales 14 proxectos chegaron á final.

A votación pública está aberta ata este venres ás 12,00. Por este motivo, os veciños de Froxán piden apoios para este treito final. A vitoria suporía poder repoboar 20 hectáreas de eucaliptais con dez mil árbores autóctonas.

“Para facer posible o proxecto que pretende deseucaliptizar 20 hectáreas dun monte que ardera nos lumes de 2006 e 2016, para tornalas nun grande bosque autóctono, as entidades promotoras está a solicitar a colaboración de todas as galegas e galegos, e que o premio veña para Galicia” aseguran desde a asociación Véspera de Nada.

«O voto é moi sinxelo.Non é preciso nin rexistrarse, tan só ir ao enderezo http://bit.do/froxan e alí facer click na candidatura de Froxán»,
indican.

Tamén expresaron o seu apoio  nun comunicación e fixeron un chamamento á mobilización desde o colectivo ecoloxista Verdegaia, que xunto coa Coluna Sanfins e a comunidade de Froxán promoven este proxecto 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos