13.1 C
Santa Comba
viernes, noviembre 1, 2024

González Formoso destaca a singularidade de Fisterra nunha visita ao concello

Visita institucional a Fisterra e as sedes de ASPADEX e APEM en Cee.

O presidente da Deputación provincial da Coruña, Valentín González Formoso estivo de novo na Costa da Morte, para realizar unha visita institucional ao concello de Fisterra e para visitar en Cee os centros APEM e ASPADEX. Estivo acompañado polo deputado de Vías e Obras e alcalde de Dumbría, José Manuel Pequeño Castro.

Na vila da fin do mundo, entrevistouse co alcalde José Marcote e con membros do seu goberno, entre eles o tenente de alcalde, Kuka Sar. O presidente da Deputación destacou a “singularidade de Fisterra” coma un destino turístico de referencia xa que «xunto coa Catedral de Santiago, o faro de Fisterra representa o outro final das rutas xacobeas, nun lugar emblemático onde os romanos situaron a fin do mundo».

Lembrou que o concello de Fisterra recibirá a través do Plan único uns 927.000 euros no bienio 2017-18.Puxo en valor o esforzo do executivo local por dotar de servizos a un concello de menos de 5.000 habitantes pero que recibe milleiros de turistas.

Neste sentido, o rexedor fisterrán apuntou que o seu goberno traballa actualmente no PXOM do municipio e nun plan estratéxico de turismo, que entenden «fundamental para o futuro do concello».Antes de visitar Fisterra, González Formoso visitou as sedes de ASPADEX e APEM.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos