10.4 C
Santa Comba
martes, abril 30, 2024

Non a segregación, unha voz multitudinaria polas rúas de Compostela

«As centrais non se venden». Os traballadores de Ferroatlántica culminaron a súa andaina reivindicativa, arroupados por veciños da Costa da Morte, alcaldes e representantes da oposición.

Despois de camiñar durante catro días desde Cee ata Santiago de Compostela, os traballadores de Ferroatlántica chegaron a capital de Galicia, onde estiveron arroupados por máis de mil persoas, segundo a axencia de noticias Europa Press, que participaron nunha manifestación que percorreu as rúas da cidade desde a Alameda ata San Caetano.

A marcha contou coa participación dos voceiros parlamentarios de En Marea, PSdeG e BNG, varios deputados como Xosé Lois Rivas, Loli Toja ou Pancho Casal, alcaldes da Costa da Morte ou membros das corporacións locais da bisbarra.

Fixéronse notar coas súas bandeiras a Confederación Xeral do Traballo(CGT), a   Confederación Intersindical Galega(CIG) e a organización xuvenil do Bloque “Galiza Nova”. Os manifestantes lanzaron as habituais mensaxes que se basean na súa oposición á segregación e a venda das centrais do Xallas (“As centrais non se venden” ou “segregación, non,non, non”).

Desde o comité de empresa de Ferroatlántica en Cee e Dumbría insisten en que a venda das centrais suporía a ruína da Costa da Morte, coa destrucción masiva de empregos.

 

Luis Villares:” Os ríos son nosos e non de Villar Mir”

O voceiro de En Marea, Luis Villares, deixou claro a través da súa conta de Twitter que “Se hai segregación será só pola corrupción do PP.. non o permitiremos” indicando que “os ríos son nosos e non de Villar Mir”.

Nas redes sociais tamén escribía: “A dignidade e o futuro na rúa #NonNosResignamos a emigrar @En_Marea coa xente que loita”

Unha reivindicación “absolutamente razoable” para o PSOE

O portavoz do grupo socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, considera “absolutamente razoable” e mesmo “necesaria” a revindicación dos traballadores e reivindicou o mantemento dos postos de traballo e a continuidade da actividades industrial das centrais hidroeléctricas da zona.

Leiceaga pediulle ao goberno galego que tomara nota á hora de decidir a petición de segregación que “sempre debe estar baseada na legalidade e dirixida a preservar por enriba de todo a integridade da función industrial e dos postos de traballo na comarca”.

Ana Pontón pídelle a Feijóo que dea a cara pola Costa da Morte

A voceira nacional do BNG, Ana Pontón, pensa que Feijóo “Ten que escoitar o clamor desta mobilización e anunciar alto e claro que vai pechar o expediente de venda e dicir que non vai permitir que empresarios imputados por suposto financiamento ilegal do seu partido político como Villar Mir, acaben facendo caixa cos nosos recursos naturais”.

Segundo Pontón  “o primeiro que ten que mostrar respecto con este país é Alberto Núñez Feijóo e deixar de agocharse detrás de palabras ocas e detrás de informes cando o resultado depende da súa decisión” , pedíndolle ao titular do executivo galego que “dea a cara para defender a Costa da Morte”.

Fotos- Twitter- CIG, PSdeG, En Marea e BNG

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos