6.2 C
Santa Comba
sábado, abril 27, 2024

A oposición de Camariñas pide a dimisión de Sandra Insua

Partido Popular e BNG acusan a concelleira de igualdade de Camariñas de ter unha “actitude machista” cunha concelleira.

O Partido Popular de Camariñas solicita a dimisión “de forma inmediata” e unha desculpa pública da tenente alcalde socialista Sandra Insua polo “comportamento que tivo coa nosa compañeira Carmen Suárez”, xa que segundo este partido usou unha frase con contido machista(“… e que lavando platos non te metes en jaleos” no último pleno.

Os populares amosan a súa “indignación e repulsa” por esta actitude e tamén lamentan que o PSOE non fixera nada ao respecto polo que “podemos comprobar como para os seus compañeiros esa actitude é normal”.

Aseguran que solicitaron unha rectificación por parte da concelleira e que se encontraton cunha negativa e agora piden responsabilidades “xa que o seu comentario non ten defensa algunha”.

O BNG tamén pide a demisión

O Bloque Nacionalista Galego tamén esixe a dimisión da tenente de alcalde de Camariñas e concelleira de Igualdade, Sandra Insua, por esta suposta “actitude machista” cara as mulleres.

Segundo os nacionalistas, Insua Rial, respostou a unha concelleira coa seguinte expresión:”Non recibe denuncias fregando os platos”.A concelleira Ilva Carril pediu que a edila socialista “retirase este tipo de comentario e pedise disculpas”, pero non foi así.

 

Outras peticións do BNG

A través dun comunicado, o BNG critica que houbo veciños que quedaron sen poder acceder a subvencións pola ausencia do concelleiro de Emprego, Sergio Caamaño. “As axudas e subvencións non poden depender de si o concellal de turno está resfriado ou ten outro tipo de problemas” aseguran desde o BNG.

No último pleno os nacionalistas pediron que se invista no mantemento do mobiliario urbano e se cumpra coa Lei de Memoria Histórica “e se inicie a retirada da simboloxia fascista e dos nomes das rúas que esteñan relacionadas co franquismo”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos