13.4 C
Santa Comba
jueves, marzo 21, 2024

«Espero un cambio tremendo no PSOE provincial»

O concelleiro vimiancés José Manuel Rodríguez Blanco falou hoxe na Encrucillada de Radio Xallas(107.5FM) e Fórmula Fun Bergantiños(91.9FM). Roque que leva varias lexislaturas no Partido Socialista ainda que agora está suspendido cautelarmente pola moción de censura fallida de Vimianzo, agarda que se solucione a situación dentro do partido: “Espero que haxa un cambio tremendo e se empece a dar valor aos militantes e aos veciños. Espero que o novo secretario provincial cambie ese chip que tiña a anterior provincial porque vivían nunha nube”.

“A provincial fixo as cousas rematadamente mal”

Unha das grandes controversias que tivo Roque foi precisamente co ata o dagora secretario provincial Francisco Caamaño. Para o edil vimiancés na directiva provincial dirixada por Caamaño fixéronse as cousas “rematadamente mal” e como proba alude a situación actual:”Tivo que facer as cousas moi mal feitas cando tivo que abandonar o carro na mitade da lexislatura”.

“Hai moitisimas agrupacións coas que non falaron e ainda non saben cales van ser os seus candidatos” indicou Rodríguez que non entende “se foi por malas influencias, falta de capacidade ou deixadez”.Rodríguez Blanco tamén agarda cambios a nivel municipal xa que entende que a actual executiva está facendo “unha mala xestión” e parece que “está intentando meter fora aos militantes”.

Acusa a Manuel Antelo de “desfacer” ao PSOE de Vimianzo

José Manuel Rodríguez volveu a acusar ao alcalde de Vimianzo, Manuel Antelo do BNG, de manexar a actual executiva local de Vimianzo a ao seu portavoz municipal  José Antonio Miñones: “O alcalde de Vimianzo ten moito interés en que nos expulsen definitivamente. Move fíos onde faga falla, porque ller facemos moito dano pero recórdolle que estamos expulsados provisionalmente”.

Acusa a Manuel Antelo de “desfacer” ao Partido Socialista “primeiro cunha concelleira tránsfuga que marchou do PSOE e agora co señor Miñones. El vai manexando as súas anchas”.

“Levo moitos anos traballando porta por porta polo Partido Socialista” afirmou Roque para expresar a súa ilusión que se abra unha nova etapa a nivel provincial no partido.

Escoita a entrevista con Roque

A partir do minuto 16 de programa

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos