16.4 C
Santa Comba
viernes, marzo 22, 2024

Fernández Leiceaga no camiño polo liderado do PSdeG

«Non serei un Secretario Xeral tutelado. É hora de que a militancia tome as rendas do novo PSdeG”.

Xosé Manuel Lema

“Sen etiquetas nin tutelas”

Xoaquín Fernández Leiceaga está “on the road”. Xa comezou en Vilagarcía a súa particular campaña para buscar o apoio dos militantes co obxectivo de subir un novo chanzo na escaleira de poder do socialismo galego. 

Despois de derrotar a Méndez Romeu e converterse en candidato á presidencia da Xunta e voceiro parlamentario, agora medirase (en principio) a Gonzalo Caballero e a Juan Díaz Villoslada.

As súas primeira mensaxes pretenden trasladar á militancia que é un candidato “sen etiquetas nin tutelas” que “non se presenta para gardarlle o sito a ninguén, nin para estar á sombra de ninguén nin para facer a política de outros”.

 

Tres eixos de acción

A proposta política de Xocas xira sobre tres eixos:”A reconstrución do partido, para convertelo nun instrumento político máis forte, con maior unidade e integración; converter ao PSdeG na forza hexemónica da esquerda e dende esa posición construír unha alternativa de goberno para poñer fin á etapa do PP na Xunta de Galicia”.

Na súa presentación a pasada fin de semana o deputado socialista insistiu en que se presenta “para reconstruír o Partido, dende a unidade e a integración, con fortaleza e coherencia, aspirando a ser hexemónicos na esquerda.Galicia necesita unha alternativa política crible dende a esquerda, e para iso precisamos un partido socialista forte e unido”. 

Reforzar o traballo nos concellos

Unha das súas prioridades é a de reforzar ós representantes socialistas nos distintos concellos de cara ás eleccións municipais e tamén dinamizar a vida do partido. 

No seu encontro en Vilagarcía manifestou:”Fai máis dun ano que non se convoca o Comité nacional Galego, e precisamos unha dirección sólida que impulse ao partido”.

 

Calendario das primarias

A votación para elixir ao novo secretario xeral será o vindeiro 8 de outubro. E a campaña informativa dos candidatos entre o 26 de setembro e o 7 de outubro.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos