13 C
Santa Comba
viernes, marzo 22, 2024

Piñeiro liderará o reinicio de Compromiso por Galicia

Juan Carlos Piñeiro é o único candidato á secretaria xeral de Compromiso. Para o Consello Político hai 43 candidatos.

O candidato ás pasadas eleccións polo provincia de Lugo e membro da executiva de Compromiso por Galicia, Juan Carlos Piñeiro Docampo presentou a súa candidatura a encabezar o proxecto do partido galeguista, que o sábado 21 de xaneiro celebra o seu II Congreso Nacional.

Piñeiro:”Compromiso será a sorpresa nas eleccións municipais”

Non terá adversario e polo tanto será o substituto de Xoán Bascuas, que estivo a fronte da organización durante os seus catro anos de vida.Piñeiro Docampo entende que “este é un proxecto necesario para o país” e que o futuro de Compromiso “está aínda por escribir”. 

Amosouse animado ante esta nova etapa na que pensa que o obxectivo é “asentar o crecemento territorial na nosa estrutura” ante o reto das vindeiras eleccións municipais de 2019, nas que está convencido de que a formación galeguista “será a sorpresa”.

O candidato á secretaria xeral de Compromiso indicou que decidiu presentarse ante a petición de compañeiros do partido e despois dun percorrido por distintas agrupacións.

Renovación do Consello Político

Pero a renovación de Compromiso por Galicia non só afecta ao novo secretario xeral, e tamén se estenderá ao Consello Político Nacional. Hai 43 candidatos para ocupar 30 postos. Nunha boa parte xente nova, polo que desde o partido consideran que “a idea de renovación e reinicio queda totalmente acreditada”.

Este sábado, o último Consello Político dirixido por Xoán Bascuas validou as candidaturas e tamén dou conta das emendas presentadas aos tres documentos de debate: o de Política, o de Estratexia e o de Estatutos.

Compromiso por Galicia comezou a súa andaina en 2012, data na que celebrou o seu congreso fundacional. Agora afronta unha nova cita na que Juan Piñeiro será o encargado de acadar o obxectivo de seguir consolidando esta opción política, que está presente en varios concellos e ostenta alcaldía como as de Lalín ou Muros.

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos