10.1 C
Santa Comba
viernes, marzo 22, 2024

AGE perde un efectivo e Cerna acende un altofalante

A Alternativa Galega de Esquerda perde a súa segunda deputada nesta lexislatura. E por diferenzas políticas. Chelo Martínez será desde agora o altavoz de Cerna no Parlamento de Galicia e a confirmación doutra desavinza que remata en abandono pola relación dentro da coalición.

Chelo Martínez vaise ao grupo mixto

A Alternativa Galega de Esquerda perde a súa segunda deputada no que vai de lexislatura. Consuelo Martínez formalizou este martes o seu pase ao grupo mixto. 

Chelo Martínez, que pertence ao colectivo Cerna, grupo escindido de Anova, criticou o excesivo peso que ten Esquerda Unida na coalición AGE  e que xa non se repesenta a filosofía inicial da coalición:“O funcionamento actual de AGE non representa esa filosofía de cambio das organizacións políticas e do que é unha coalición e da forma de traballar, onde o gran peso e a definición do que é o traballo de grupo está recaendo fundamentalmente en Izquierda Unida”.

Beiras percibe unha contradicción

Pola súa banda, o voceiro nacional de Anova, Xosé Manuel Beiras asegurou que houbera contactos “e tentamos varios membros de Anova falar” con Martínez para evitar esta situación, e reflexionou sobre a marcha da deputada, xa que entende que coa súa marcha está agravando máis a teórica situación de preponderancia de Esquerda Unida en AGE.

Nesa hipótese de deixar o gruopo contribúe a impedir que eso sexa así ou contribúe a agravar o mesmo problema que se denuncia”. Preguntouse en rolda de prensa, Xosé Manuel Beiras.

Unha disputa polo protagonismo e polos cartos, para o PP

A este respecto tamén opinou o voceiro parlamentario do Partido Popular, Pedro Puy que afirma que queda demostrada a “excasa capacidade integradora da chamada esquerda rupturista”. Puy Fraga sinalou que “todo se reduce a disputarse certo protagonismo e os fondos do Parlamento” para os grupos políticos

Coa marcha de Consuelo Martínez ao grupo mixto a Alternativa Galega de Esquerda pasa de nove a sete deputados, xa que recentemente tamén abandoou o grupo a parlamentaria Carmen Iglesias.

Aínda que Martínez integra o grupo mixto, desde xa Cerna, que decidiu constituirse en partido político, terá un excelente foco mediático para visualizar o seu traballo e trasladar as súas propostas”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos