14.2 C
Santa Comba
jueves, octubre 31, 2024

Noelia Baleato :”Levamos anos escoitando promesas baleiras que non chegan a executarse”

Noelia Baleato Toja ocupa o segundo posto na candidatura do PSOE de Santa Comba que encabeza Alberto Romar.

É dos Amenzóns- Freixeiro e dedícase ao sector do turismo. Segundo desvelou nunha entrevista na nosa canle un dos motivos que a levou a participar na política local é “o desencanto da xente e a desilusión, xa que levamos moito tempo escoitando promesas baleiras que non chegan a executarse”.

E tamén lle convenceron as propostas do candidato Alberto Romar e “a súa capacidade de traballo e o compromiso que ten con Santa Comba”.

«En Santa Comba sobran os recursos»

Pensa que este é un xeito de “servizo á veciñanza”, comezando pola “situación catastrófica” da súa parroquia, Freixeiro, e por extensión a todo o concello que definiu como “arcaica e desfasada”, co emprego de “políticas curtoplacistas” por parte dos gobernantes.

Baleato considera que “en Santa Comba sobran recursos” pero o sector turístico “está esquecido” e aposta por construír a “marca Santa Comba”.


Pide unha oportunidade e afirma que os socialistas xalleiros “temos un proxecto executable”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos