Este sábado 20 de maio desde as 21,00h poderás ver unha nova entrevista na nosa canle de Youtube, Adiante TV e neste periódico dixital.
A protagonista é a candidata do Partido Popular á alcaldía de Camariñas, Paula Mouzo Más, que se presenta por primeira vez como candidata a unhas eleccións municipais, se ben foi concelleira nesta lexislatura e tamén formou parte da candidatura dos populares das autonómicas.

