14 C
Santa Comba
domingo, septiembre 29, 2024

Sinaturas contra o proxecto eólico de Vilartoxo

A Asociación Vento Libre de San Román  entregou no Parlamento de Galicia máis de 2.300 sinaturas contra o proxecto eólico de Vilartoxo, no concello de  Val do Dubra.

Desde esta entidade tamén remitirán as sinaturas tanto a Xunta de Galicia como ó concello de Val do Dubra “para que teñan constancia do rexeitamento do parque e para esixir a paralización do proxecto”.

Segundo explican desde Vento Libre “decidimos recoller sinaturas porque tiñamos certeza de que o apoio ía ser maioritario e así o demostran as 2.322 persoas que secundan as razóns para opoñernos á construción dun parqueeólico que traería serios prexuízos tanto para a veciñanza como para o patrimonio».

Critican a  a pouca distancia das casas ao lugarque se prevé a instalación dos muíños co posible ruido, ou o perigo “o para as vinte fontesque dan de beber a unha parroquia que non conta con abastecemento municipal”.

Tamén alegan sobre  a perda de valor das súas propiedades e a destrución de terras e do medio ambiente ou a afección ao patrimonio histórico, por exemplo, sobre varias mámoas ou o petroglifo de Gavís.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos