11.6 C
Santa Comba
domingo, mayo 19, 2024

Os costavales terán a súa aplicación móbil

APP financiada polos fondos FEADER  no ámbito territorial do GDR Terras de Compostela.

A asociación Costavales, con sede en Santa Comba, informou que o AGADER, a través do Grupo de Desenvolvemento Rural 19 Terras de Compostela, dou luz verde ao proxecto denominado “Dinamización e impulso da economía local a través da aplicación móbil para o uso dos Costavales” que presentou esta entidade.

A proposta que permitirá a creación dunha APP(aplicación para móbiles) recibiu a puntuación máxima. O proxecto vaise a desenrolar en todo o territorio de actuación do GDR Terras de Compostela, que abrangue os concellos de Negreira, A Baña, Val do Dubra, Ames, Brión, Santa Comba, Teo, Boqueixón, Vedra e Santiago de Compostela (zonas rurais). 

Unha ferramenta para os concellos

Segundo a asociación “a implantación dunha aplicación móbil para a xestión dos Costavales que xa están a funcionar en soporte papel no Concello de Santa Comba, ten como obxectivo a mellora do sistema, xa que unha plataforma tecnolóxica online vai a supoñer unha maior achega a tódolos usuarios do sistema, transaccións máis áxiles e maior control dos vales”.

Os obxectivos son impulsar a economía local e o consumo de produtos locais potenciando tamén o uso das novas tecnoloxías e “ofrecer unha ferramenta aos Concellos para que as axudas de emerxencia social que se entreguen a colectivos desfavorecidos se redirixan ás empresas locais”.

Fotos- Acto de presentación da moeda en Santa Comba

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,240SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos