O alcalde de Muxía, Iago Toba, reafirmou nun comunicado o que xa manifestou no último pleno. Asegura que estase preparando unha moción de censura contra él.
Toba recoñece que a moción de censura “é un instrumento legal, un mecanismo democrático que esta aí”, pero non entende como esta suposta medida estaría apoiada polo BNG, e instou a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón a aclarar se avala esta operación “que volvería poñer un goberno de dereitas en Muxía e entregaría ao PP áreas clave do goberno municipal como Urbanismo”.
Pide tamén que se clarifique se se expulsará do BNG a concelleira no caso de que suscriba esa iniciativa.
Qué move ao BNG a facer isto?
“Que lle move ao BNG a facer isto? Cales son os seus intereses para que non goberne o partido maioritario? Prefire entregarlle o goberno ao PP e aos seus socios? Prefiren que goberne a dereita?” pregunta o mandatario socialista.
“O BNG ten moito que explicar nesta trama e aclarar se vai favorecer unha vez mais un
goberno liderado por unha forza minoritaria, como xa fixo no pasado” apunta.
Iago Toba censurou “que se estea a chegar a acordos de costas ao pobo, sen explicar claramente os motivos desta operación, que xera un importante rexeitamento social” e sitúa na alcaldía ao independente Javier Sar Romero.
Crítica ao PP
Afirmou que o PP só busca “beneficios económicos e persoais” e vaticina que os populares asumirían departamentos importantes no hipotético goberno:
“Agora queren volver facelo. Neste caso non lle podían dar a alcaldía directamente ao PP porque era moi cantoso, así que queren entregarlla aos independentes, cun goberno a tres bandas no que o PP levaría áreas clave do goberno municipal como Obras e Urbanismo. Iso si, no PP queren ser concelleiros con soldo. O PP ten que ter cando menos unha dedicación porque o partido decidiu que a súa candidata non continuara como deputada e, claro, hai que ter un soldo”,