A corporación local dou luz verde a un proxecto de 18.181 euros.
A corporación local do concello da Baña aprobou por unanimidade un proxecto que se inclúe na segunda fase do Plan POS+ adicional. Nunha sesión celebrada este mércores, Partido Popular, PSOE e Compromiso por Galicia apoiaron a proposta da alcaldía que consiste na adquisición de 88 sinais informativas de aluminio, e 230 abrazadeiras de aceiro para aproveitar a sinaléctica existente, por importe de 18.181 euros.
Segundo proxecto redactado polo técnico Juan Carlos Carballeira Rifón, optouse polas sinais de aluminio, xa que polas condicións meteorolóxicas do concello, aínda que son máis caras que as galvanizadas compensan economicamente.
O portavoz de Compromiso,César Ramos, lembrou que levaba tempo reclamando unha mellora da sinalización no concello.O alcalde Andrés García Cardeso xustificou a urxencia do pleno porque o prazo de facer a solicitude remataba este vindeiro 15 de novembro.
Pola súa banda, o voceiro do PSdeG,José Antonio Pereira, demandou a colocación de quitamedos en Buchaín e O Espiño, e lembrou que levaban varios anos con esta petición.O alcalde comprometeuse a realizar esta actuación “con medios propios”.
Foto- Socialistas de A Baña- Facebook