11.6 C
Santa Comba
domingo, mayo 19, 2024

110 anos do nacemento da Unión Barcalesa

A Baña acolle unha exposición que se inaugura este vindeiro venres.

A Casa da Cultura da Baña acollerá o vindeiro venres 3 de novembro a inauguración da exposición”Luces de Alén Mar”, coa que se pretende celebrar o 110 aniversario da Unión Barcalesa de La Habana, unha entidade formada por veciños da Baña e Negreira no ano 1907 e que desenvolveu desde os seus inicios unha importante labor cultural e social, que permitiu entre outras cousas a construción de escolas na comarca, e a axuda a emigrantes en Cuba.

Escolas financiadas pola diáspora 

Precisamente sobre as escolas creadas pola diáspora en Galicia, como é o caso das de  Aro e Covas no Concello de Negreira ou a escola de Seoane no Concello da Baña, trata a exposición organizada por Compromiso por Galicia, que conta co apoio do Consello da Cultura Galega.

O acto comenzará as 9 da noite e contará coa intervención do comisario da exposición Vicente Peña Saavedra, do Catedrático de Xeografía e Historia,Amancio Liñares Giraut e do concelleiro de Compromiso por Galicia, César Ramos Domínguez.A mostra “Luces do Alén Mar” poderá visitarse do 3 ao 30 de novembro en horario de 9 a 14h e de 16,30 a 19,30h.Xusto o venres cumpriranse 110 anos da creación da Unión Barcalesa.

Declaracións de César Ramos

“Pensamos que os galegos e galegas temos que lembrar a nosa historia e recoñecer a importante labor dos emigrantes no desenvolvemento social e cultural do noso país en especial da nosa contorna. Que mellor forma para facelo que con esta exposición na que aparecen imaxes de edificios do noso Concello creados con fondos da emigración, nunha data tan sinalada na que se cumpren 110 anos da fundación da Unión Barcalesa de la Habana” manifesta o concelleiro galeguista César Ramos.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,240SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos