A enerxía nuclear é a enerxía máis limpa e segura que existen na actualidade, así como rendible. Francia xera máis do 75% da súa electricidade coa enerxía nuclear, e por iso emite 10 veces menos Gases Efecto Invernadoiro ( GEI) que Alemaña. ¡Dez veces menos!. Alemaña xa comunicou que non vai pechar os seus centrais térmicas de carbón, senón que vai construír máis térmicas. Tamén aposta polo Gas de Rusia.
O goberno de España e o autonómico galego hai 40 anos fixo o oposto a Francia e na actualidade fan o contrario a Alemaña. Galicia tivo unha oportunidade para dar o gran salto adiante no seu desenvolvemento industrial. No seu día íanse investir 100.000 millóns de pesetas no proxecto atómico de Xove. Crearíase traballo para 2.000 persoas, e atraería industrias que necesitan gran potencial eléctrico. Nada diso fíxose.
O 28 de maio de 1982 o Conselleiro de Industria da Xunta de Galicia informaba que o goberno autonómico non era partidario de construír a Central atómica de Xove, en Lugo. E sobre o déficit enerxético que produciría a factoría de Alumina-Aluminio de San Ciprián, o conselleria afirmaba que «esta industria non necesita da central nuclear de Xove».
40 anos despois desas afirmacións do goberno autonómico, asistimos á realidade da crise eléctrica, e ao peche das factorías de ALCOA, e da factoría de Alumina-Aluminio de San Ciprián. O que valía para Francia non interesaba en Galicia. A factoría de Alumina-Aluminio de San Ciprián foi inaugurada un luns 6 de outubro de 1980. O complexo industrial era un do tres máis importantes do mundo no seu xénero, xunto cos xa existentes en Estados Unidos e Canadá. Xeráronse no seu día 1.600 empregos. No ano 1998 a empresa foi vendida á empresa Alumnium Co. of America ALCOA.
Hoxe Galicia carece de central atómica, necesita de electricidade barata, ALCOA e a factoría de Alumina-Aluminio de San Ciprián pechan. Tamén se pecha a central térmica de Endesa, mentres que Alemaña, Polonia ou Marrocos constrúen máis térmicas. Marrocos tamén constrúe atómicas. E Francia produce a súa electricidade atómica e non contamina.