AXEGA 112-
O condutor dun vehículo perdeu a vida, esta madrugada, tras sufrir unha saída de vía e chocar contra unha farola, na estrada AC-552, en Arteixo.Arredor da unha e media da madrugada, un particular informaba ao 112 Galicia de que un coche se saíra da vía e batera contra unha farola.
De inmediato, os xestores do 112 Galicia puxeron os feitos en coñecemento do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia – 061, dos Bombeiros de Arteixo, da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local e do Servizo Municipal de Protección Civil.
Cando os servizos de emerxencias chegaron ao punto tan só puideron confirmar o falecemento do condutor do vehículo. Ademais, os bombeiros tiveron que excarcelar o falecido e a persoa que ía de copiloto, que foi trasladada en ambulancia ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.Finlamente, desde o CIAE-112 Galicia deuse aviso ao servizo de mantemento de estradas para restablecer e garantir as condicións de seguridade da vía.