4.8 C
Santa Comba
jueves, marzo 28, 2024

UU.AA. inicia mobilizacións:”Ten que haber unha suba importante no prezo do leite. Agora non nos valen limosnas”

“Este é o comenzo dun calendario de mobilizacións, que irá a máis ata que non haxa unha solución.Ten que haber unha suba importante no prezo do leite.Agora non nos valen limosnas”. Así o explicaba desde Unións Agrarias, Óscar Pose, nunha entrevista no programa Na Encrucillada de Radio Xallas.

O 11 de novembro haberá concentracións diante das plantas de LARSA e LACTALIS porque son “as principais e de maior recollida” e que destacan “pola súa falta de compromiso”.

Para Pose “é unha tomadura de pelo que queiran subir o leite para maio do ano que vén”. Desde UUAA lembran que “levamos meses queixándonos da suba dos custos de produción, dos concentrados, dos abonos, do gas ou da electricidade”.

A pesar disto sinalan que “a distribución está subindo determinados produtos pero ten que repercutir nos que vendemos o leite. Mentres a lei 
da cadea non se está a cumprir e a industria estase poñendo as botas”.

ENTREVISTA A ÓSCAR POSE – A PARTIR DO MINUTO 62

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos