6 C
Santa Comba
miércoles, marzo 27, 2024

Jonny Souto:”Debemos estar máis unidos que nunca para que poidamos saír pronto á rúa e volver ás nosas vidas”

Entrevista en Adiante Galicia -Hoxe falamos co artista xalleiro, Jonny Souto.

P-Como estás vivindo estas datas?

R- A verdade é que é unha situaciónpeculiar e algo molesta; non poder saír á rúa, non ver aos teus amigos… Pero como todo na vida, ten o seu lado bo; ofrécesenos a oportunidade de pasar tempo na casa, atoparse a un mesmo e disfrutar da nosa familia.

P-Que mensaxe lle enviarías aos nosos vecinos?

R-Mándolles un forte abrazo a todas as persoas que o están pasando mal. Non vos desgustedes nin perdades os ánimos, debemos estar máis unidos que nunca para que poidamos saír pronto á rúa e volver ás nosas vidas.

P-Este ano xa estabades traballando na preparación da Semana Santa, verdade?

R-Pois sí, este ano estabamos a elaborar unha gran variedade de actividades en diferentes ámbitos. Entre elas, unha pequena representación teatral sobre o lavatorio de pés para o Xoves Santo, unha procesión na que participaríamos disfrazados dos Doce Apóstolos para o Domingo de Ramos e ademais estaban programadas outras actividades como xogos e películas que se levarían a cabo durante o catecismo.

A día de hoxe Don Eduardo (Prado) coa colaboración do coro estamos estudando como facer cumprir as medidas de seguridade no ámbito litúrxico da vila, agora que se inicia o proceso de volta á normalidade.

P-No teu ámbito artístico personal que tiñas previsto para este ano?

R-Pois a verdade é que non me deixo levar poas expectativas nin polas suposicións. Neste momento estou centrado na preparación das probas de acceso á universidade, pero non deixo de lado a música, para así poder dar o mellor de min en ambos ámbitos.

P-A situación do coronavirus que afecta tamén a artistas e orquestas, que en perigar o seu medio de vida, unha pena verdade?

R-A verdade é que esta situación está afectando a todos os gremios, pero o mundo artístico acostuma verse olvidado. Hai que ter en conta que moitas familias viven desto non só os artistas. Son moitas as persoas detrás do escenario que fan posible o espectáculo, entre eles montadores, managers, etc.

Non entanto, é comprensible que as festas sexan unha das últimas cousas que vaiamos a recuperar xa que polo gran número de persoas que reúnen, poderían converterse nunha vía de contaxio.

P-Recoméndanos 3 cancións para escoitar estes días…

R-Non che sabería dicir así de primeiras… A música para min é unha maneira de expresarme e expresar sentimentos que doutro xeito non sería capaz de facer. Por iso e pola gran variedade de música que me gusta e escoito me é tan complexo dicirche só 3. Si podería dicirche unha en particular, que a min  me fascina, e a cal é René de Residente, na cal fala das situacións que tivo que afrontar ao longo da súa vida.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos