Informa AXEGA 112
Unha saída vía dun turismo ocorrida esta mañá en Laxe saldouse con dúas persoas feridas de gravidade.
Segundo a información recollida no 112 Galicia, foi necesario que os servizos de emerxencia empregasen o material de excarceración para liberar a dous dos tres ocupantes do turismo, ao quedar atrapadas no interior do vehículo implicado no sinistro.
A suceso ocorreu pasados escasos minutos das dez e media, na Rúa Cova Grande, á altura do número 19.
Foron varias persoas particulares quen contactaron co 112 Galicia para alertar dun accidente con un turismo envorcado enriba doutro coche e, axiña, os xestores do CIAE 112 Galicia activaron un operativo formado por Urxencias Sanitarias de Galicia-061, polos Bombeiros de Carballo, polos membros do GES de Ponteceso, da Garda Civil de Tráfico e do Servizo Municipal de Protección Civil.
Unha vez rematadas as labores de excarceración, as persoas puideron ser evacuada polos profesionais sanitarios ao centro médico.