Informa-AXEGA 112
Un neno atascado nun barco de madeira instalado na contorna do Pazo da Cultura de Carballo mobiliza aos bombeiros da localidade.
Ocorreu ás oito da tarde de onte, cando os efectivos do parque comarcal, logo de recibir o aviso a través do 112 Galicia, acudiron para liberar ao cativo que quedou atoado nesta construción.
Quen alertou mediante a súa chamada de emerxencia ao 112 foi, precisamente, un bombeiro que estaba fóra de servizo. A súa alerta serviu para activar un operativo no que, ademais dos efectivos do parque carballés, participaron os axentes da Policía Local e os membros do servizo local de Protección Civil