AXEGA 112-
Dous adultos tiveron que ser trasladados en ambulancia ao centro hospitalario de referencia despois de presentar síntomas de intoxicación por inhalación de monóxido de carbono, en Padrón. Ademais, segundo a información recibida no 112 Galicia, unha filla deste matrimonio tamén acudiu polos seus propios medios a centro sanitario.
O suceso tivo lugar ás 16:15h, foi a esa hora cando o 112 Galicia recibiu a chamada de alerta dunha persoa particular que indicaba que a súa dona sufrira un esvaecemento no seu domicilio, situado na Rúa do Pérsico.
A partir de aí, os xestores do CIAE 112 Galicia solicitaron a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Boiro, do persoal do GES de Padrón, da Garda Civil e dos voluntarios de Protección Civil.Xa no lugar, os mesmos profesionais sanitarios tras detectar unha alta concentración deste gas no domicilio, procederon a ventilar a vivenda.
Finalmente, nada máis rematar a súa intervención, os bombeiros confirmaron o traslado das dúas persoas afectadas, así indicaron ao 112 Galicia que, posiblemente, a mala combustión do quentador de gas puido ser orixe do suceso. Por ese motivo, o 112 Galicia deu conta dos feitos ao persoal da empresa subministradora do gas.