11.7 C
Santa Comba
jueves, marzo 30, 2023

Plantación de carballos en Grixoa de Esternande

As brigadas deseucaliptizadoras chegan a Grixoa de Esternande, despois de que a comunidade de montes veciñais desta parroquia de Santa Comba, decidira sumarse á actividade promovida polo colectivo ecoloxista Verdegaia.

A iniciativa terá lugar este sábado 19 de marzo desde primeiras horas da mañá coa plantación de medio milleiro de carballos. Está é a primeira actuación na comarca xalleira.

Haberá un “xantar comunitario” para os “brigadistas” participantes e a xornada estará amenizada por un espectáculo de monicreques “e algunha que outra sorpresa máis”.

Segundo indican desde Verdegaia “as Brigadas deseucaliptizadoras teñen como obxectivo mobilizar, organizar e coordenar persoas de todo o País con vontade de botarse ao monte para realizar accións de voluntariado ambiental en colaboración coas titulares de terreos con valores ambientais degradados ou ameazados pola eucaliptización e outras especies exóticas invasoras”.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos