8.2 C
Santa Comba
miércoles, marzo 20, 2024

A corporación dubresa expresa a súa oposición ao vertedoiro de Niveiro

O concello de Val do Dubra volveu a expresar o seu rexeitamento ao proxecto de vertedoiro na zona de Niveiro. 

Nesta ocasión, a raíz dun pleno extraordinario solicitado por Anova-Son Val do Dubra  no que se demandaba “toda a información existente sobre este asunto” e “acadar un acordo unánime dos grupos municipais rexeitando que se empregue a canteira como vertedoiro” coa proposta de alegacións e accións sociais de rexeitamento.

A corporación dubresa coincidiu, por unanimidade, na oposición a este proxecto e acordou a constitución dunha plataforma contra a creación dun vertedoiro na canteira de Pedra Facha. O alcalde  explicou no pleno, os pasos dados neste sentido desde o goberno tripartito local.

No balcón do concello colgouse unha pancarta co seguinte lema ”Non ao Vertedoiro. Concello de Val do Dubra”,coa presenza dos membros do goberno encabezado polo alcalde, José Manuel Varela Ferreiro(PP), acompañado polo primeiro tenente de alcalde Óscar del Río(Tega) e tamén polos portavoces da oposición, Antonio Negreira(Anova) e Diego Díaz(PSOE) e outros membros da corporación local.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos