Informa-AXEGA 112
Unha persoa resultou ferida tras saírse da vía no coche que conducía, no concello coruñés de Malpica de Bergantiños.Pasadas as dez e media da noite, o 112 Galicia tivo aviso dun accidente de tráfico cun coche implicado na estrada de Malpica a Buño, a AC-418, nas proximidades da parroquia de Cerqueda. A alerta douna directamente unha central de asistencia de vehículos, que refería o descoñecemento de se había persoas feridas na colisión.
Inmediatamente, os operadores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia informaron aos axentes da Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros de Carballo, ao Ges de Ponteceso e ao 061.
Pouco tempo despois, os membros do GES de Ponteceso, desde o lugar dos feitos, confirmaron ao 112 que o ferido foi trasladado en ambulancia ao centro hospitalario de referencia.Desde o CIAE-112 tamén se lle deu aviso ao persoal de mantemento de estradas co fin de restablecer a seguridade na vía.