Un traballador dun taller en Touro resultou ferido de consideración este mediodía ao pasarlle por encima unha roda dun tractor.O 112 Galicia tivo constancia dos feitos ao fío das 13:00 horas. Sucedeu no lugar da Xesteira, na parroquia de Bama.
Debido á gravidade das feridas do varón, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 mobilizou ata unha zona próxima o helicóptero medicalizado con base en Santiago, no que foi trasladado a un centro hospitalario.
Foi o persoal sanitario quen alertou do ocorrido ao 112 Galicia e, decontado, desde o CIAE 112 Galicia pasouse o aviso á Garda Civil e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade, que apoiaron aos efectivos médicos na evacuación do ferido.
INFORMACIÓN-AXEGA 112