Un xogador de fútbol sufriu unha indisposición no concello coruñés de Val do Dubra e foi evacuado a bordo da aeronave medicalizada ata o centro hospitalario de referencia. Sucedeu ás 17:15 horas cando un particular chamou ao 112 Galicia para solicitar asistencia médica para un varón que sufriu un esvaecemento no campo de fútbol de Arcai, na parroquia de Bembibre.
De inmediato, desde o 112 requiriuse a intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizaron o helicóptero con base en Santiago para trasladar o ferido.Para prestar apoio aos efectivos médicos, os xestores do 112 Galicia pasaron aviso á Garda Civil e aos membros de Protección Civil da localidade.