Os servizos de emerxencias rescataron esta tarde a unha persoa en apuros na Praia de Ancoradoiro, en Carnota.Finalmente, falece cando era trasladada en helicóptero ao Hospital de Cee.
Foi un particular quen se decatou das dificultades que a persoa tiña para saír da auga, polo que axiña chamou ao 112 Galicia para pedir axuda. Deseguido, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos equipos de Salvamento Marítimo, que, subidos ao helicóptero Helimer, lograron sacar á persoa da auga.Co ferido xa a bordo, colleron rumbo ao Hospital da Xunqueira de Cee, pero unha vez alí faleceu.
Cómpre indicar que este operativo activouse ás 18:00 horas desta tarde, cando o 112 Galicia recibiu a chamada dun veciño que observaba a unha persoa en apuros na Praia de Ancoradoiro. Así, ademais dos equipos de Salvamento Marítimo, solicitouse a colaboración de medios e recursos por terra, como os membros do GES de Muros, os axentes da Policía Local e da Garda Civil. Tamén interviu unha dotación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aínda que foi o helicóptero quen trasladou ao afectado directamente ao hospital sen éxito.