12.1 C
Santa Comba
viernes, noviembre 1, 2024

Dumbría acolle o PreEuropeo sub18 de voleibol

As instalacións deportivas da Conco acollerán entre o 12 e o 14 de abril o torneo preeuropeo sub18 de voleibol.

O combinado español, dirixido por Fredison Mosquera, xa estará pola Costa da Morte desde o 7 de abril e xogarán contra a selección portuguesa, con carácter amigable.

Dous equipos acadarán a clasificación para o Campionato de Europa. A entrada para ver os partidos será gratuita.

Encontros

Venres 12 abril:

16:30 h Alemania vs Ucraína
19:00 h España vs Países Baixos

Sábado 13 abril:

16:30 h Ucraína vs Países Baixos
19:00 h Alemania vs España

Domingo 14 abril:

16:30 h Países Baixos vs Alemania
19:00 h Ucraína vs España

O Vicepresidente da Real Federación Española de Voleibol e presidente autonómico, José Ángel Luna, agradeceu o traballo que están desenvolvendo no concello de Dumbría con este deporte.

O alcalde dumbriés, Raúl González Lado, declarou que o feito de que se escollera Dumbría para este torneo foi “unha explosión de alegría” xa que “o deporte situará, de novo, Dumbría no mapa internacional”.

Aparte da importancia de organizar o evento e da proxección do concello, destacou que dous deportistas locais xogarán coa selección española.

Son Iago Larrañaga Ledo e Tiago Fernández Vaquero. Os dous amosátonse moi contentos de estar coa selección e poder xogar na súa terra grazas ao compromiso do concello de Dumbría.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos