A Axencia Galega da Calidade Alimentaria, dependente da Consellería do Medio Rural vén de organizar un seminario temático en Ponteceso co título ”A xestión técnico-económica nas explotacións de leite. O porque, o para que e o como dos indicadores habituais na xestión técnico-económica das explotacións de leite”.
A inicitiva formativa desenvolveuse no día de onte na explotación Devesa Langueirón, situada no concello de Ponteceso.
Segundo a Xunta este seminario pretende introducir o manexo, por parte dos donos das explotacións de leite, de indicadores técnico-económicos para que teñan unha base na súa toma de decisións.
O fin último é que, coa obtención destes indicadores, os titulares das explotacións poidan compararse con outras para manter unha mellora constante para poder acadar os obxectivos de rendibilidade e sostibilidade.

