10.9 C
Santa Comba
martes, enero 21, 2025

Dous feridos por un incendio en Centiña – Coristanco

Dúas persoas resultaron feridas por mor dun incendio producido nunha vivenda no lugar de Centiña, no municipio coruñés de Coristanco. Ao redor das 23:40 do domingo, unha particular chamou ao CIAE 112 para pedir axuda pois acabara de chegar a casa e atopou un incendio na súa cociña.

Inmediatamente, os xestores do 112 Galicia informaron os Bombeiros de Carballo, aos GES de Ponteceso e aos voluntarios de Protección Civil de Coristanco, ademais da Garda Civil de Carballo. Tamén, tras indicar a alertante que unha persoa podía necesitar asistencia sanitaria, informaron da situación ao 061- Urxencias Sanitarias.

Unha vez extinguido o lume, os axentes de Garda Civil confirmaron que foron dous as persoas afectadas polo incendio: unha muller que queimara o brazo e o coiro cabeludo, e un home que queimara as xemas dos dedos. Ambos se magoaron mentres tentaban axudar a apagar o lume e foron trasladados por unha ambulancia do 061- Urxencias Sanitarias ao P.A.C. de Carballo.

Segundo se informou ao 112 Galicia, as chamas foron orixinadas na cociña da vivenda, facendo con que se incendiase o alpendre.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos