11 C
Santa Comba
domingo, abril 28, 2024

Excarcerado un condutor despois de colidir o seu vehículo contra un camión en Vimianzo

Unha persoa resultou ferida de consideración despois de colidir un camión -de transporte de penso- e un turismo.O accidente ocorreu, sobre as 20:30 horas deste luns, no lugar do Orbellido, en Baíñas, concretamente, na AC-441.

Foi a esa hora, cando un particular alertou ao 112 Galicia dun choque entre un camión e un turismo e cunha persoa atrapada no interior do turismo. Así, o 112 Galicia, pasou aviso decontado ao 061-Urxencias Sanitarias e aos Bombeiros de Cee. Do mesmo xeito, informou aos axentes de Tráfico e aos efectivos de Protección Civil.

Tras chegar ao lugar, os Bombeiros confirmaron ao persoal do 112 Galicia a excarceración do condutor do turismo. Ademais, sinalaron que aínda que ía consciente, o ferido presentaba múltiples lesións que parecían revestir gravidade.Nada mais ser evacuado polos servizos sanitarios, o persoal de mantemento da estrada encargouse da limpeza da vía.

Fonte- Axega 112

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos