Un home resultou ferido esta tarde en Mazaricos tras caer dun tellado. Foi evacuado en helicóptero a un centro hospitalario.Segundo se lle indicou ao 112, o varón ferido era o propietario da vivenda, polo que quedou descartado que se trate dun accidente laboral.
A vítima caeu despois de que cedera parte do tellado, sobre o que estaba realizando unhas melloras.Os feitos tiveron lugar nunha propiedade da rúa García Lema. O 112 Galicia tivo coñecemento do ocorrido ás 17:30 horas desta tarde, a través dun aviso de Urxencias Médicas. Os efectivos sanitarios explicaron que estaban a mobilizar cara ao lugar o helicóptero medicalizado con base en Santiago.
O persoal do Centro de Atención ás Emerxencias do 112 alertou ao GES de Muros, a Protección Civil e á Garda Civil.