Tres persoas resultaron feridas ao verse implicadas nun accidente ocorrido na localidade coruñesa de Malpica. Ás 21:15 horas deste martes, un particular solicitaba asistencia sanitaria ao 112 Galicia, para un accidente que acababa de ocorrer na estrada que une Carballo e Malpica, a un quilómetro aproximadamente da localidade de Malpica. Foi entonces, cando dende o Centro de Atención ás Emerxencias do 112 se pasou aviso a Urxencias Médicas, Garda Civil de Tráfico e ao GES de Ponteceso. Os Bombeiros de Carballo tamén foron informados.
Unha vez no punto, membros do GES confirmaron que dous dos feridos foran trasladados ao Centro de Saúde da localidade e un terceiro ata o Hospital Clínico Universitario da Coruña, polos técnicos sanitarios.